miércoles, 15 de marzo de 2023

EGAP: Conferencia O dereito cidadán á boa Administración

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2023 pola que se convoca, con motivo da xornada de presentación da Semana do Goberno aberto, a conferencia O dereito cidadán á boa Administración.

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia; así como a profesionais e persoas interesadas en xeral.

Desenvolvemento

Lugar: salón de actos da EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Modalidade: presencial.

Data: 20 de marzo de 2023.

Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.

Horas lectivas: 2.

Número de prazas

Limitado pola capacidade do local.

Inscrición

1. As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

VER DOG



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras