Hoxe publícase no DOG a Resolución do 23 de marzo de 2023 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
- Requisitos das persoas participantes:
Poderán participar nas actividades formativas convocadas mediante esta resolución o persoal empregado público e as personas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.
- Solicitudes e prazos:
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de marzo de 2023.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.
VER LISTADO DE CURSOS
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras