Onte,
28 de marzo, desconvocouse a folga de LAJ, e os ministerios de Xustiza e de Facenda e Función Pública asinaron un acordo co comité de folga no que ademais dun entendemento económico, subas entre 430 e 450 euros, comprométense a fomentar a participación na implantación de proxectos de transformación da xustiza.
Segundo
o propio Ministerio de Xustiza, constituíuse xa outro grupo de traballo coas Comunidades Autónomas, o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Fiscalía Xeral do
Estado para abordar de maneira adecuada a volta á normalidade da actividade
xudicial. Tamén atendeu as peticións dos colexios de avogados e procuradores
para realizar unha notificación graduada das resolucións que se atopaban
paralizadas como consecuencia da folga.
Deixamos o acordo completo, o comunicado no que se desconvoca a folga e a Circular que limita as notificacións.