jueves, 9 de febrero de 2023

Espazo para comer, maquinas de comida e bebidas e de agua gratuita para os edificios xudicias de Pontevedra.

STAJ volveu e solicitar a semana pasada, tanto a xuíz Decana como a Dirección Xeral de Xustiza, un espazo para que o persoal que o necesite poida comer en condicións dignas, amueblado e equipado con microondas, sandwichera, nevera e cafetera de capsulas. Te men pedimos maquinas de vending con comida e bebidas frias e quentes e botellóns de agua gratuita

Solicitude á Xuíz Decana                 Solicitude á Dirección Xeral

DEIXAMOS O TEXTO INTEGRO DA SOLICITUDE. 

No complexo xudicial de A Parda, edificio novo e máis o edificio vello, están a traballar algo máis de trescentas persoas entre  xuices, fiscais, letrados, médicos forenses, funcionarios xudiciais, persoal do equipo técnico, persoal de mantemento, persoal de seguridade, persoal laboral etc.

Moitas  destas persoas a diario vense obrigadas, ben por necesidades do servizo, ben por necesidades personais de adaptación do horario e conciliación familiar, a comer nas instalacións durante a súa xornada laboral,  sen ter un sitio adecuado para tal necesidade, polo que se ven abocadas a xantar no seu posto de traballo, nos pasillos, en lugares pouco frecuentados dos edificios, nas cafeterías aledañas ou na propia rúa, para despois seguir coa xornada laboral.

Cremos necesario que se habilite un local, agora hai sitio de sobra tanto nun coma no outro edificio, para que os traballadores/as que deben comer durante a súa xornada laboral o fagan nun sitio discreto e adaptado para ese menester, que conte con varias mesas e cadeiras e que esté equipado con unha nevera , un microondas , unha sandwichera e unha cafetera de cápsulas. Cremos que vai sendo horas de adaptar os edificios xudiciais ao benestar dos traballores/as, que no caso que nos ocupa significaría unha mellora importante cun gasto de escasa entidade.

Por outro lado voltamos a pedir a concesión e a instalación de maquinas expendedoras de comida e bebidas frias e quentes (vending), para cubrir as necesidades do todo o persoal que traballa nesas sedes xudiciais, así como dos usuarios e profesionaias, tanto na Parda como no edificio da Audiencia.

Tamén insistimos na colocación de dispensadores de agua gratuitos (botellóns) en cada unha das prantas dos dous edificios de A Parda como na da Audiencia Povincial, tanto para os traballadores/as como para público e profesionais que acuden a realizar xestións a sedes xudiciais.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras