Dende a Dirección Xeral de Xustiza acaban de comunicarnos que as persoas con dereito ao cobro do grao II que estiveran en situación de IT que non percibiran o pago correspondente como nómina complementaria ao do mes de decembro, percibirán as contías que correspondan na nómina do mes de xaneiro. Ademais destas, outras persoas funcionarias cuxa nómina precisa de cálculos específicos por situacións diversas, tamén percibirán o pago na nómina do mes de xaneiro.
Para calquera dúbida particular é preciso que a persoa interesada achegue solicitude asinada para poder enviar á consulta ao servizo correspondente de elaboración de nóminas.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras