Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución e aprobar e facer pública no Anexo I da presente resolución a lista definitiva dos destinos adxudicados ao persoal funcionario que participou na convocatoria do 19/01/2023.
A renuncia á substitución adxudicada pola presente Resolución, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano.
Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico ás persoas adxudicatarias, sendo comunicados a súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras