lunes, 16 de enero de 2023

STAJ solicita que se habilite a OPAX para pedir as substitucións entre titulares

Despois de sete meses dende a entrada en vigor da normativa reguladora das substitucións,  segue sen estar habilitado o formulario na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX)

A normativa que regula as substitucións en Galicia para o persoal de Xustiza publicouse no DOG do 18.06.2022 e entrou en vigor ao día seguinte. A pesares de contemplar no seu articulado a obriga de solicitar as substitucións entre titulares  a través do formulario da OPAX e de dispor unha forma alternativa na Sede electrónica da Xunta (modelo PR004A) mentres non se habilita o devandito formulario, a día de hoxe ainda non está habilitada esta opción.

STAJ presentou escrito solicitando que se habilite esta opción á maior brevidade posible porque recibimos numerosas queixas das persoas que seguen a pedir as substitucións a través da sede electrónica da Xunta, que é un modelo farragoso, tendo en conta a simplicidade da solicitude a través da OPAX, por exemplo, das comisión de servizo ou da aceptación de prazas de interinidade.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras