lunes, 12 de diciembre de 2022

STAJ solicita persoal de reforzo para os xulgados de Betanzos

Dende os xulgados do partido xudicial de Betanzos lévase pedindo persoal de reforzo de xeito reiterado, peticións que fóron apoiadas por STAJ sabedor da necesidade de máis persoal en cada xulgado que axude a rematar co atraso xerado por unha constante crecida de escritos e demandas no ámbito principalmente civil, e que está reflexado na estatística dos propios xulgados. Asemade cada ano vaise redundando un maior atasco e retraso que se fixo palpable en pouco tempo, e impediu un maior rendemento e eficacia no desenrolo das funcións e no trámite dos procedementos que se van demorando, causando un prexuízo ós cidadáns que acoden os referidos xulgados.

É por iso que dende STAJ cremos que sen demora débese designar pola Dirección Xeral de Xustiza un funcionario de reforzo do Corpo de Tramitación ou Xestión en cada órgano xudicial, todo co gallo de atallar a crecente retraso na tramitación e despacho dos asuntos e procedementos en trámite.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras