viernes, 9 de diciembre de 2022

STAJ, CSIF, CCOO, UGT e CIG solicitan ao Ministerio convocatoria urxente da mesa de negociación .

    Escrito dirixido ó Secretario de Estado de Xustiza.

 Os sindicatos CSIF, STAJ, CCOO, UGT e CIG asinantes deste escrito  convocamos mobilizacións na Administración de Xustiza contra a decisión dese Ministerio de non negociar a reforma organizativa e as condicións de traballo  que está a se tramitar no Congreso dos Deputados.

 O dereito de negociación colectiva insérese no dereito fundamental de liberdade sindical do artigo 28 da Constitución. Trátase dun dereito individual de todos os cidadáns, especialmente, os traballadores e traballadoras, que se exerce de forma colectiva a través dos sindicatos conforme ao establecido no artigo 7 da Carta Magna. O artigo 37 letra k) do RDLegislativo 5/2015 polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público, esixe que son obxecto de negociación as materias “que afecten as condicións de traballo e ás retribucións dos funcionarios, cuxa regulación esixa norma con rango de lei” sendo este o caso do persoal da Administración de Xustiza.

 O 1 de xullo de 2021 os seis sindicatos da mesa de negociación solicitamos a negociación do que, entón, non era nin un anteproxecto de lei orgánica. Conforme ao artigo 34 do TREBEP o Ministerio debía convocar a mesa de negociación no prazo dun mes.

 O 15 de decembro de 2021 vostede, en nome do Ministerio de Xustiza subscribiu un acordo con catro forzas sindicais no que se comprometía a negociar o que xa era un anteproxecto de lei orgánica de eficiencia organizativa. Está claro que o Ministerio de Xustiza non cumpriu a súa palabra. Individualmente, as organizacións sindicais máis representativas na Administración de Xustiza, presentamos varias peticións de negociación, por escrito e verbalmente, do contido desta lei orgánica de eficiencia organizativa sen ningunha resposta.

 Unha vez máis s diriximonos  a vostede para que se restitúa o dereito de negociación colectiva e convoque a mesa de negociación para abordar esta cuestión con carácter prioritario, unha convocatoria que dadas as datas do trámite parlamentario debería producirse durante a próxima semana. Esiximos que ao comezo da reunión da Mesa Sectorial de negociación convocada para o próximo día 12 de decembro comuníquesenos unha data de inicio das negociacións convocándose unha nova reunión da  Mesa Sectorial no prazo máximo dunha semana. 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras