Lémbrase que hoxe (13.12.2022) finaliza o prazo para presentar as solicitudes da traxectoria profesional do grado I (para todos os corpos) e do grado II dos corpos de tramitación e auxilio segundo a Resolución do 17 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de novembro de 2022, polo que se aproba o Acordo do 14 de novembro de 2022 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.
Instrucións:
1. A solicitude debe facerse e presentarse obrigratoriamente de maneira telemática a través da OPAX.
2. Ao entrar na OPAX aparecerá, tanto no menú lateral coma nos accesos directos, unha ligazón a "traxectoria profesional". Ao premer no enlace de traxectoria profesional, o sistema informará á persoa solicitante de se cumpre ou non os requisitos segundo os datos que figuran nel.
• No primeiro caso (reúne requisitos): deberá acceder á solicitude, gravala, asinala e presentala.
• No segundo caso (non reúne un ou varios dos requisitos): unha vez que acceda á solicitude, deberá marcar o/s requisito/s que non consta/n precargado/s pero que a persoa solicitante pode acreditar, para o que achegará a documentación xustificativa correspondente xunto coa propia solicitude.
MOI IMPORTANTE: Non basta con gravar a solicitude: hai que asinala e presentala a través da aplicación, cun certificado dixital ou mediante as credenciais de acceso á OPAX. No caso de que se cree máis dunha solicitude, só será válida a última presentada.
3. Na sección de "axuda" pode descargarse a guía de usuario coas instrucións para realizar a solicitude.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras