miércoles, 9 de noviembre de 2022

Traxectoria profesional: reunión para regular o proceso de acceso, solicitude e concesión dos Graos I e II.

Hoxe tivo lugar a reunión co Direccion Xeral para chegar a un acordo que regule a proceso do acceso extraordinario, solicitude e concesión dos Grao I e II da traxectoria profesional. .

STAJ propuxo estas melloras no texto que  nos mandaron e que vos dimos a coñecer onte mesmo:

.- Que a convocatoria sexa aberta e permanente de cara a poder solicitar a traxectoria en calquera momento que se cumpran os requisitos. E subsidiariamente cada seis meses para que non se teña que agardar anos para poder cobrar tendo os requisitos.

.- Se a convocatoria non se abre de xeito permanente, os méritos deben estar referenciados ao o último día do prazo  que se determine, non a 31/12/2021 para tramitadores e auxilios e a 31/12/2022 para xestores e médicos forenses como pretende a Xunta.

.- Que si se mantén o prazo por días, se abra ao unisono o prazo para o acceso ao grao II para auxilios tramitadores, xestores e médicos forenses, deixando ata 15 dias hábiles do mes de xaneiro aberto o prazo para estos últimos si se segue referenciando os méritos a 31/12/2022.

.- Que se angada no artigo 2 que se aplica a funcionarios “ de carreira e interinos”.

.- Que se mellore a redacción dos méritos correspondentes as horas de cursos de formación e no referente oa Grao II se engada que os 8 creditos/80 horas son a suma do necesario para o Grao I e para o Grao II.

Ambos Acordos asinaranse o luns 14 deste mes e pasaran a aprobación do Consello da Xunta o día 24 de novembro, polo que, según a Dirección Xeral, como moi cedo a publicación e a a pertura do praza para solicitudes podería ser o 30 de novembro ou o 1 de decembro.

O pago dos atrasos e a actualización das novas cantidades que corresponden polos novos graos poderían verse reflexados nas nómina no mes de xaneiro ou febreiro.

No mes de decembro se pagarían as cantidades correspondentes a suba adicional do 1,5% aprobada polo Goberno e que en Galicia necesita una lei do Parlamento para a súa aplicación.

O luns día 14 teremos outra reunión para rematar coa negociación do proceso de acceso, solicitudes e concesión dos graos correspondentes, e tamén se asinarán os Acordos que despois debe aprobar a Xunta de Galicia antes da súa publicación.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras