jueves, 10 de noviembre de 2022

Reunión de Traballo de Formación EGAP 2023

Na Reunión de Traballo de formación EGAP 2023 celebrada non día de hoxe, comunicáronnos que darannos traslado do Plan de formación 2023 para que fagamos alegacións ata o mércores día 16, e que serán tratadas na Mesa de Formación que se celebrará para ese efecto nas vindeiras semanas.

Como novidade infórmannos de tres puntos:

-Seguiranse impartindo cursos de reformas procesuais, estando previstos a impartición sobre a Lei 16/22 de materia concursal e a modificación normativa da Lei 8/21, entre outros.

-Xestionarase a formación de Médicos Forenses directamente entre o Imelga e a EGAP nun plan conxunto de formación con psicólogos e traballadores sociais.

-Seguirase coa formación tecnolóxica mediante cursos en liña (por exemplo curso EXE), aparte do soporte que realice AMTEGA.

Así mesmo trasládannos que a cociente de cursos é moi elevada, sendo entre un 2 a 4% respecto das prazas ofertadas.

Por parte do STAJ deixámosvos as propostas de formación que fixemos:

-Solicitamos cursos de contido referido ao réxime disciplinario e ao acoso laboral, sobre as reformas procesuais que se vaian producindo en tódolos órdenes xurisdicionais, debendo, cando haxa tempo, impartirse con carácter previo a súa entrada en vigor. 

-Solicitamos formación presencial mediante personal especializado de Benvida (e non soamente mediante a Comunidade Virtual de Aprendizaxe CVA), para o persoal interino e o persoal titular que vén doutros territorios onde non utilizan o MINERVA, tamén no caso de cambio de xurisdicción ou no cambio dun xulgado á Fiscalía ou viceversa. Por iso, demandamos un titor/a presencial en cada un dos órganos nos que haxa un compañeiro/a que cambiou de destino ou un novo interino/a, sendo ese titor/a do propio xulgado, e tendo que ser remunerado como xa se fixera noutras ocasións.

É necesario un formador específico en xustiza para liquidar moitas dúbidas sobre as novas aplicacións instaladas, hai moitas funcións dentro destas novas aplicacións que non se están aproveitando polo descoñecemento, funcións que axudarían a mellorar e realizar unha tramitación máis áxil e dinámica.

-Débense ofertar, ben a través da EGAP, ben por medio doutros operadores cursos ON-LINE de preparación dos temarios e dos exercicios dirixidos a superar as probas da oposición para a promoción interna e a quenda libre de forma totalmente gratuita.

-Os cursos de linguaxe xurídico e linguaxe  administrativo galego deberán de ofertarse tanto a funcionarios destinados na comunidade autónoma como aos funcionarios destinados fóra dela, debendo ampliarse o número de edicións, e o número de prazas nos mesmos.

-Curso práctico de primeiros auxilios (Uso de desfibriladores, Simulacros contra incendios).

-Pedimos de novo que se deben ofertar MÁIS CURSOS DE IDIOMAS, (inglés, francés, portugués, alemán e lingua de signos), pero específicos para Xustiza, dado que o número de prazas e edicións ofertadas para toda a Administración pública de Galicia é do todo insuficiente. 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras