jueves, 13 de octubre de 2022

Visor-EXE Activación da funcionalidade de textualización das gravacións de vistas en diversos órganos xudiciais

Na Intranet de Xustiza figura a seguinte información:


 A textualización das gravacións de vistas é unha funcionalidade que permite obter de maneira automática o texto dos vídeos gravados nas salas de vistas e de declaracións durante as actuacións orais dos procedementos xudiciais. Dentro do proceso de posta en marcha desta funcionalidade, durante o mes de outubro levarase a cabo a extensión a todos os órganos que aínda non dispoñen dela, coa seguinte previsión: 

·         13 de outubro – Activación dos xulgados de instancia, menores e violencia sobre a muller.

·         20 de outubro - Activación dos xulgados do social.

·         27 de outubro – Activación dos xulgados do contencioso-administrativo, mercantil e vixilancia penitenciaria.

A día de hoxe a funcionalidade de textualización de vídeos está activa en todos os xulgados de instrución e penal e mais en todos os mixtos, así como en todas as seccións das audiencias provinciais e nas salas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, acadando un total de 155 órganos activos.

Neste documento atoparás unha táboa cos órganos nos que está activado, así como co número de vídeos textualizados dende a posta en marcha.

Lembra que:

1.    Para poder dispor da textualización dunha gravación de vista, esta debe estar asinada e dispoñible para a súa consulta dende o Visor-EXE.

2.    O audio da gravación textualízase mediante o servizo de textualización proporcionado polo Ministerio de Xustiza ás CCAA.

Está dispoñible unha ficha informativa obre o acceso á textualización dunha vista no Visor-EXE. Atoparás información sobre esta funcionalidade na intranet de xustiza.
Deixamos a guia de boas prácticas para a  formación do expediente xudicial electrónico ( EXE) que entrou en vigor o 03.10.2022.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras