lunes, 3 de octubre de 2022

EGAP: curso sobre o Ministerio Fiscal e as Dilixencias de Investigación


Hoxe no DOG publícase a convocatoria do curso sobre o Ministerio Fiscal e as Dilixencias de Investigación dirixido únicamente ao persoal da Administración de Xustiza de Galicia.

Prazo de solicitudes: dende mañá dia 4 de outubro (dende as 8:00 horas)  ata o 13 de outubro (ata as 23:59 horas), ambos inclusive na páxina da EGAP <https://egap.xunta.gal/matricula.

Número de horas: 30

Número de prazas: 30

1. Obxectivos.

Dar a coñecer as normas substantivas e procesais do trámite de dilixencias de investigación levadas a cabo na Fiscalía.

2. Destinatarios/as.

Persoal funcionario/a da Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Duración: 30 horas.

Edicións: unha.

Datas:

Do 31 de outubro ao 25 de novembro de 2022. Proba final en liña: o día 30 de novembro ás 17.00 horas.

Prazas: 30.

4. Contido.

Módulo I: introdución: o Ministerio Fiscal, funcións e regulación, Estatuto orgánico do Ministerio Fiscal.

Módulo II: as dilixencias de investigación, reguladas na Circular 4/2013 da Fiscalía Xeral do Estado, e doutrina, principios xerais, réxime xurídico e denominación das dilixencias.

Modulo III: recepción da noticia criminalista e práctica de dilixencias.

Modulo IV: resolución das dilixencias de investigación, formulación de denuncia, arquivamento, recursos.

Módulo V: cuestións sobre competencia, aforados, aspectos accesorios, auxilios fiscais, dilixencias de investigación e cooperación xurídica internacional. Acceso ao actuado nas dilixencias de investigación (Consulta 1/2015, do 18 de novembro).

Módulo VI: dilixencias preprocesais en ámbitos non penais.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras