No día de hoxe publícase na páxina web da Consellería da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, na intranet de Xustiza e na OPAX a Resolución pola que se aproba a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas das bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais da Administración de Xustiza convocadas por Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 28 de xaneiro de 2022, regulada pola Orde de data 4 de outubro do 2018 , modificada pola Orde do 30 de novembro do 2021.
Estas listaxes entrarán en
vigor o día seguinte ao desta publicación e substituirán as listas vixentes,
que quedarán anuladas nesa mesma data, sen que isto supoña ningún dereito para
os/as integrantes destas.
As listaxes poderán
consultarse tamén a través da OPAX (https://opax.xunta.es),
seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".
Listaxes de persoas admitidas
Corpo auxilio xudicial:
Corpo de tramitación procesual
e administrativa:
Corpo de xestión procesual e
administrativa:
Listaxes de persoas excluídas
Corpo auxilio xudicial:
Corpo de tramitación procesual
e administrativa:
Corpo de xestión procesual e
administrativa: