miércoles, 28 de septiembre de 2022

Permiso por exames de Xestión e Tramitación Promoción Interna

Lembrámosvos que todos aqueles que realicen o examen do vindeiro 8 de outubro do Corpo de Tramitación e Xestión Procesual, promoción internaterán dereito a libranza do venres día 7 para realizar a viaxe, permiso que se debe solicitar a través do opax en exames finais e demais probas definitivas de aptitude, lembrade pedir xustificante ao tribunal do exame para despois aportalo no prazo dos 15 días seguintes.

A resolución do 8 de abril de 2009, da Dirección Xeral de Xustiza, que regula o réxime e procedemento da concesión de vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia establece no seu artigo 5º o permiso para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude en centros oficiais, "os/as funcionarios/as gozarán dun permiso de acordo co seguinte réxime:

a) A duración será polos días da súa realización, incluíndose os necesarios para realizar a viaxe cando o exame e demais probas se realicen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Sen prexuízo da documentación que se poida  exixir, deberase xustificar a asistencia aos exames e ás demais probas dentro do prazo dos quince días seguintes ao da súa realización.”



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras