Estas intrucciones son para o persoal interino que forme parte das listas de traballo e rerserva, os
baremados non poden acceder a OPAX ata que vaian subindo de posicións.
O
proceso de selección e chamamento de candidatos, así como da aceptación por
estes das prazas ofertadas, será telemático. Este proceso divídese
en tres fases:
ACCESO A OPAX
Seleccionando a pestaña PUBLICACIÓNS
PUBLICACIÓN E ACEPTACIÓN DE PRAZAS
1.-Anuncio da oferta de prazas e chamamento de candidatos: Os mércores, ou na súa falta, o día seguinte hábil, a partir as 14.00 horas, publicarase a relación de prazas autorizadas para a dotación con interino que fosen solicitadas ata as 9.00 horas do día hábil anterior, coa indicación de se se trata dunha praza vacante, de reforzo ou desocupada, así como tamén do motivo da desocupación. Así mesmo, publicarase a relación de persoas preseleccionadas para cubrir aquelas segundo a orde, cunha cociente de dúas persoas por cada praza ofertada.
Esta cociente de dúas persoas
só respectaríase no caso de que haxa polo menos un candidato da zona de
preferencia correspondente para cada unha das prazas ofertadas. Nos demais
casos, e para garantir a cobertura das prazas, o sistema informático
seleccionará as seguintes persoas dispoñibles dentro da respectiva bolsa de
acordo con a súa posición, ata chegar á primeira que asegure o chamamento. A publicación
realizarase a través do portal de servizos web OPAX, accesible desde a web da
consellería.
3.-Publicación das persoas seleccionadas: Os luns ou, na súa falta, o día seguinte hábil, ata as 14.00 horas, publicarase a relación de prazas que foron autorizadas para dotación de interinos e as persoas que resultaron seleccionadas. Tanto as publicacións como as comunicacións dirixidas ás persoas interesadas realizaranse a través do portal de servizos web OPAX, accesible desde a web da consellería. Os usuarios poderán obter da aplicación informática a confirmación dos trámites realizados.
Desde a publicación das persoas seleccionadas, estas dispoñerán dun prazo máximo de tres días hábiles para tomar posesión ante a xefatura territorial competente, en cuxo momento presentarán, como requisito inescusable, los documentos correspondentes. (Certificado médico, declaración responsable, etc).
