No DOG de hoxe publícase a resolución
do 5 de setembro de 2022 pola que se convoca
o webinario O réxime do funcionario interino tras o Real decreto lei 14/2021,
do 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego
público.
Data: xoves 22 de setembro de
2022.
Modo de impartición:
telepresenza.
Horario: das 12.00 ás 14.00
horas.
Duración: 2 horas lectivas.
O prazo para a inscrición
estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta
resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 18
de setembro de 2022.
Esta actividade está dirixida
ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da
Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e
da Administración institucional, da Administración local, da Administración de
xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras
