Obxectivos e contido
O obxectivo principal do curso é que o alumnado se achegue á Lei xeral orzamentaria de xeito que poida adquirir ou, se é o caso, actualizar os seus coñecementos na materia.
De acordo con estes obxectivos, neste curso abordaranse os seguintes contidos:
1. Ámbito de aplicación e organización do sector público.
2. Principios orzamentarios. Estrutura.
3. Modificacións orzamentarias.
4. Contabilidade do sector público e principais saldos orzamentarios.
5. Control: tipos, órganos de control e responsabilidades.
Modalidade: teleformación.
Duración: 25 horas. Datas: do 3 de outubro ao 27 de outubro de 2022.
Cuarta. Número de prazas 50.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 do día 26 de setembro de 2022.
As solicitudes de participación nesta actividade formativa só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática, dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
DOG
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras