Hoxe tanto na intranet coma na páxina web da Consellería publícase a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca a provisión en Comisión de Servizo de postos de traballo entre persoal funcionario da Administración de Xustiza.
Prazo de solicitudes telemáticas: 5 días hábiles a partir do día seguinte a esta publicación.
Forma de cumprimentar a solicitude: obrigatoriamente a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es
Documentación a adxuntar:
a) Informe preceptivo e non vinculante da persoa responsable do órgano, servizo ou unidade en que se atope destinado o/a funcionario/a solicitante.
Informe-favorable-comision-de-servicio.docx
b) Informe favorable do Ministerio de Xustiza ou órgano competente da comunidade autónoma, no caso dos solicitantes con destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
Solicitud-comision-administración.doc