Saíu publicada, con data do
13/06/2022, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se
convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de
substitución.
Destinatarios/as
Persoal dos corpos xerais ao
servizo da Administración de xustiza con destino definitivo en órganos
radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Postos
de traballo ofertados
Os relacionados no Anexo I,
coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.
Solicitudes
1. Mentres non se habilite a
opción de solicitude a través da OPAX, as peticións deberán ser cubertas
conforme ao anexo II bis (solicitude de substitución entre titulares),
dispoñible na intranet de xustiza.
2. As solicitudes deberán ser
presentadas por correo electrónico, ao enderezoservicio.persoal.xustiza@xunta.gal,
ou ao fax 981 546 222. Non se admitirán as solicitudes que se reciban por outro
medio. A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo electrónico
enviado.
3. Non deberá achegarse
documentación coa petición, xa que de ser precisa será requirida pola Dirección
Xeral.
4. O prazo de presentación de
solicitudes será de TRES DÍAS hábiles (14, 15, 16 de xuño) dende a publicación
da presente resolución.
Podes ver toda a información premendo nesta ligazón.