miércoles, 29 de junio de 2022

Auxilio xudicial en Verín: STAJ solicita nomeamento urxente de persoal de auxilio

STAJ acaba de presentar un escrito ante a DXX e remisión á Comisión Mixta do TSXG  solicitando que se poña fin á situación de infradotación de Verín con  un nomeamento urxente de reforzo e a creación simultánea dunha praza de auxilio neste partido xudicial. 

En Galicia hai 13 partidos xudiciais con dous xulgados de primeira instancia e instrución. O partido destas características que máis exhortos ingresa cada ano é o de Verín, que supera os 250 exhortos anuais pero, paradóxicamente,  é o único partido xudicial de Galicia con este volumen de exhortos que só ten un auxilio xudicial por xulgado. Esta circunstancia, unida a unha carga de traballo do 59%, fai que non se poida prestar o servizo con normalidade. A infradotación de Verín non só se compara co resto de partidos xudiciais de iguales características de Ourense (que teñen dous auxilios por xulgado), senón con todos os de Pontevedra (que teñen 3 ou máis auxilios por partido, incluida A Estrada e Lalín) e cos de Coruña, que a excepción de Noia (con 125 exhortos ingresados no ano 2021) teñen máis de dous auxilios por partido. Os partidos xudiciais de Lugo teñen a mesma plantilla, pero con un ingreso de exhortos moi inferior a Verín. Os exhortos non só conlevan a asistencia por videoconferencia, (no ano 2021 asistiron en Verín 168 videoconferencias) senón o que implican as notificacións e citacións das dilixencias solicitadas que fai este persoal. É máis, Verín foi o partido xudicial (servido por dous xulgados) que máis exhortos resolveu no ano 2021 a pesar da infradotación e a costa do sobreesforzo do persoal alí destinado.


As consecuencias son ben coñecidas pola DXX, que sabe desta carencia e non fixo nada a día de hoxe, nin sequera nomearon un reforzo mentres non se creaba a praza incuestionablemente necesaria. Non hai persoal para a celebración de videoconferencias debido ao alto número de exhortos que se tramitan neste partido xudicial, o que repercute no desenrrolo normal das funcións ordinarias de cada auxilio no seu Xulgado: atención ó público, asistencia as salas de vistas, elaboración do correo, notificación, arquivos, etc… 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras