miércoles, 2 de marzo de 2022

STAJ solicita un reforzo para o Xulgado de Primeira Instancia nº 1 de Ourense

A totalidade do persoal destinado no Xulgado de Primeira Instancia num. 1 de Ourense trasladou a este sindicato o estado de colapso ao que están sometidos pola carga de traballo que se está soportando neste xulgado. 

Este dato é verificable coas estadísticas do órgano e solicitando informe á Letrada, facendo mención especial ás execucións e aos procedementos de xurisidicción voluntaria. Este órgano foi creado na década dos anos 60 e só dos anos 80,  teñen vivas máis dun centenar de execucións trámite continuo. Trátase dunha oficina estable e consolidada  que agora se está vendo sobrepasada.

Cando unimos a carga de traballo dun xulgado creado hai cerca de 60 anos  á nova carga soportada por todos os  Xulgados de Instancia da mesma categoría coas últimas modificacións lexislativas  (asunción de concursos de persoas físicas, revisións de todas as incapacidades, incremento da litixiosidade coa pandemia, etc...),  convírteno nun candidato ao absoluto colapso.  O nomeamento dun apoio non está sendo suficiente para afrontar a carga,  e as consecuencias no persoal pola fatiga física e mental que están soportando só vai ir a peor se non se toman máis medidas inmediatas para evitar as consecuencias desta situación. 

Para paliar a sobrecarga e poder recuperar a eficiencia do Xulgado de Primeira Instancia núm 1, STAJ acaba de presentar escrito dirixido á DXX solicitando o nomeamento urxente dunha persoa de reforzo dos corpos de Xestión ou Tramitación, aparte do apoio nomeado, que é preciso polas alegacións antes expostas. 



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras