jueves, 17 de marzo de 2022

Próxima apertura da escola infantil na cidade da xustiza de Vigo.


Tal como nos informou  a Dirección Xeral de familia , o próximo curso inaugurase a escola infantil situada no novo edificio xudicial de Vigo. A día de hoxe descoñécese a data exacta de apertura , a cal dependerá da totalidade do traslado dos funcionarios xudiciais á nova sede.

En próximas datas, abrirase o prazo ordinario   para solicitar prazas nas escolas infantís que dependen da Axencia de Servizos Sociais, da que forma parte. Non será posible facer a solicitude neste momento para a escola do edificio novo , motivo polo cal se acordará un prazo extraordinario coa publicidade necesaria .

 Como o resto das escolas infantís que pertencen á Axencia de Servizos Sociais, non do Consorcio, terán prioridade á hora de reservar praza os funcionarios da Administración de Xustiza que ocupen praza no devandito edificio.

 Co anterior o que pretende a DX de Familia, é que ningún neno/a quede sen gardería, motivo polo cal recomenda que se proceda á reserva de praza, unha vez se aperture o prazo ordinario , nas outras garderías que a día de hoxe xa están abertas.
Con posterioridade, e xa dentro dunha convocatoria extraordinaria, podrase solicitar o traslado o novo centro.
Deixámosvos as ligazóns que figuran na Sede electrónica da Xunta de Galicia.
Novo ingreso en escolas infantis 0-3 anos

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras