Na tarde de onte, 16 de marzo reuniuse a Comisión de Seguimento do Acordo do 15 de decembro de 2021, subscrito entre o Ministerio de Xustiza e os sindicatos STAJ, CSIF, UXT e CIG. Nesta reunión acordouse a creación dos seguintes grupos de traballo, previstos no devandito Acordo:
CARREIRA PROFESIONAL. Este Grupo debe iniciar os traballos para a negociación colectiva deste novo complemento na Mesa sectorial nacional, da que STAJ forma parte. STAJ manifestou que deben abordarse os criterios e requisitos do complemento de carreira profesional, así como as súas contías mínimas, todo iso co carácter de básicos, de forma que poidan ser modulados ou mellorados en cada ámbito (Ministerio e CCAA con competencias en Xustiza) previa negociación colectiva.
Con iso, dáse o pistoletazo de saída aos traballos para a futura implantación deste novo complemento, que lembremos está prevista na LOPX dende a reforma de 2018, tra-las peticións e reunións que STAJ mantivo no seu momento con Ministerio de Xustiza e cos Grupos parlamentarios que aprobaron finalmente esta reforma.
- Tamén se acordou a constitución dos grupos que abordarán os traballos previos á negociación colectiva, en relación coa futura Lei Orgánica de Eficiencia Organizativa que crea os Tribunais de Instancia e, a petición expresa de STAJ, o relativo á redacción do Regulamento de Rexistro Civil. Ambos os previstos tamén no Acordo:
ANTEPROXECTO DE LEI DE EFICIENCIA ORGANIZATIVA. O Goberno terá rematado o proxecto para finais de abril ou principios de maio, para o seu envío ao Congreso dos Deputados que iniciará a súa tramitación parlamentaria. De ahí a necesidade de iniciar xa os traballos correspondentes. Como sabemos, esta Lei supón unha profunda transformación da organización da Administración de Xustiza, o que leva aparellada unha modificación das disposicións da LOPJ sobre Oficina Xudicial. Por iso é polo que dende STAJ pedimos que todo se realice de maneira progresiva, sen présas, empezando polo fácil, para poder determinar os posibles fallos ou disfuncións e corrixilos antes de que se implante con carácter definitivo en todo o territorio nacional.
Tamén solicitamos que se aproveite esta reforma para mellorar o estatuto xurídico dos Corpos ao servizo da Administración de Xustiza, con idea de mellorar as súas condicións de traballo, para o que presentaremos propostas neste sentido, algunhas delas incluídas xa nas alegacións que STAJ presentou no seu momento no trámite de información pública do Anteproxecto.
REGULAMENTO DE REXISTRO CIVIL. É imprescindible abordalo xa, dado que a aplicación do novo modelo rexistral xa comezou. Dende STAJ, para este Regulamento, insistiremos na nosa petición de potenciación das funcións rexistrais dos funcionarios do Corpo de Xestión P.A., así como dos Xulgados de Paz ou as futuras Oficinas de Xustiza municipais.
Por outra banda, desde STAJ pedimos tamén a creación do resto de Grupos de traballo previstos no Acordo, entre outros, o que debe abordar a mellora da regulación das substitucións e comisións de servizo.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras