As
temperaturas das oficinas deben de axustarse aos principios da acción
preventiva establecidos polo artigo 15 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.
É dicir se o centro de traballo non ten un sistema de calefacción adecuado,
deberá instalalo non sendo unha opción o traballar con abrigo, bufanda e luvas.
Nas dúas
últimas semanas a temperatura dentro dalgunhas oficinas do edificio Xudicial da
Administración de Xustiza en Pontareas
rolda os once graos sen visos de cambio pois despois de múltiples intentos por
porte deste sindicato non se adoptou ningunha solución.
Corresponde á Inspección de Traballo e
Seguridade Social a función da vixilancia e control da normativa sobre prevención
de riscos laborais (artigo 9 de Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de
Riscos Laborais) e aos representantes dos traballadores recorrer á mesma cando
consideren que non se están cumprindo as normas.
Por todo
o anterior, visto o tempo transcorrido sen que se resolvese o problema , desde STAJ
decidimos interpoñer denuncia ante a Inspección de traballo a fin de que se
tome nota de cal é a situación real na que teñen que desenvolver o seu traballo
os funcionarios da Administración de Xustiza de Ponteareas e afróntese dunha
vez por todas o problema da falta de calefacción e aire acondicionado das
devanditas instalacións.