Deixámosvos un resumo sobre aclaracións e dúbidas que vos poden xurdir na confección
das solicitudes para formar parte das bolsas de interinos da Administración de
Xustiza de Galicia.
-O prazo para a presentaciónde solicitudes é de 15 días hábiles a contar dende hoxe dÍa 9 de febreiro ata o 1 de marzo do 2022.
-Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na OPAX, no sitio web http://opax.xunta.es,accesible tamén a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento XU700A).
-Aínda que só se poderá estar incluído nunha bolsa provincial de traballo ou de reserva e nunha zona de preferencia, á hora de realizar a solicitude (só unha por persoa) das bolsas pódense optar por varios corpos e diferentes provincias, debendo elixir posteriormente unha soa opción nas listas resultantes que se xeren.
CONFECCIÓN E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
-Os pasos son os seguintes: IDENTIFICACIÓN no Opax - CREAR SOLICITUDE de inclusión nas bolsas (cubrir os requisitos e méritos pulsando, en cada apartado, o "lapis-editar"). GRAVAR a solicitude, esta queda gravada en estado BORRADOR. Presentar a solicitude electrónicamente (operación: VALIDAR E PRESENTAR). IMPORTANTE: As solicitudes en estado BORRADOR NON son válidas. En caso de múltiples solicitudes só será válida a última presentada.
Acceder ao formulario de
documentación xustificativa (operación: "ACHEGAR DOC. XUSTIFICATIVA"),
anexar os documentos en formato PDF. Presentar a documentación xustificativa
electrónicamente.
-Para acceder ao formulario normalizado e presentar a solicitude, deberase dispor dun usuario rexistrado na OPAX e dun certificado electrónico cualificado (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou outro considerado válido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia). Para o suposto de non contar con usuario, farase uso da opción habilitada na OPAX para o rexistro de novos usuarios.
-Non será necesario presentar
documentación acreditativa para aqueles solicitantes que estean conformes cos
datos precargados na aplicación informática ao cubrir a solicitude. No
caso de non estaren conformes con estes datos poderán modificalos, tendo que
presentar a documentación acreditativa deles.
-No suposto de que a persoa
solicitante non estea conforme cos datos que reflicte a aplicación informática
respecto dos servizos prestados, deberá achegar a documentación de todos
aqueles que alegue e non só daqueles sobre os cales discrepe.
-O sistema asignará un código que acreditará a presentación electrónica, e será posible obter do sistema un xustificante desta.
-NON
se admitirán as solicitudes que sexan presentadas por outro medio distinto ao
sinalado. Tampouco se admitirán as solicitudes en estado de borrador.
-Pode presentarse unha nova
solicitude se houbera que corrixir algún dato sempre e cando sexa dentro
do prazo se presentación (15 días hábiles a contar dende a publicación no DOG).
Neste caso quedará anulada a anterior solicitude presentada.
-O persoal funcionario
interino integrante de bolsas anteriores que se atope prestando servizos na
data de publicación desta convocatoria terá a obriga de presentar a
correspondente solicitude aos corpos a que queira optar, incluído o corpo en
que os estea a desempeñar. De non facelo, poderá continuar no seu posto ata o
seu cesamento, pero non será incluído de oficio pola Administración nas novas
bolsas.
-En
caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, as
persoas interesadas poderanse dirixir á Dirección Xeral de Xustiza, a través do
correo electrónico servicio.persoal.xustiza@xunta.gal.
REQUISITOS:
Os requisitos para participar
nestas bolsas están regulados no artigo 3 e son xerais e específicos. Deben reunirse na data de finalización do
prazo de presentación de solicitudes. Os requisitos específicos son
os seguintes:
▪ Requisitos específicos:
a) Titulación. Deberá
posuír, ou estar en condicións de obter, a titulación que se esixiu na última
convocatoria publicada no BOE para acceder como persoal funcionario de carreira
ao corpo de que se trate:
– Para o corpo de xestión
procesual e administrativa: título de grao, diplomatura universitaria,
enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou equivalente.
– Para o corpo de tramitación
procesual e administrativa: título de bacharelato ou técnico/a ou titulación
equivalente.
– Para o corpo de auxilio xudicial:
título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou titulación
equivalente.
b) Para a inclusión nos corpos
de xestión procesual e administrativa e mais de tramitación procesual e
administrativa deberá acreditarse a experiencia na utilización de tratamento
informatizado de textos.
VALORACIÓN
DE MÉRITOS:
-A valoración dos méritos
alegados rexerase polo establecido no artigo 10 da Orde do 4 de outubro de
2018.
-Só
se valorarán aqueles méritos que se posúan na data de publicación desta
convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
LISTAS
PROVISIONAIS:
-Tras ser publicadas as listas provisionais e unha vez finalizado o prazo de alegacións de 10 días hábiles, publicarase a resolución coas listas resultantes por cada corpo e provincia ordenadas por puntuación.
-Cada persoa solicitante só
poderá formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia, de acordo co previsto
no artigo 12 da Orde do 4 de outubro de 2018, polo que, no caso de que estea
incluída en bolsas de distintos corpos ou en varias provincias da mesma bolsa,
deberá seleccionar aquela única en que desexe quedar. Se non o fai, entenderase que desiste de todas as súas solicitudes.
-A
elección deberase realizar telematicamente no prazo de dez días hábiles a
partir da publicación das listas resultantes previstas neste punto,
a través do formulario dispoñible na aplicación informática. Unha vez cuberto o
formulario, deberase presentar de xeito electrónico a través da OPAX.
ZONAS DE PREFERENCIA:
-Se establecerán en la
correspondiente convocatoria –sin perjuicio de que la dirección general
competente en materia de justicia directamente, atendiendo a la mejor
prestación del servicio público, las modifique– las siguientes zonas de
preferencia dentro de la misma provincia, zonas
a las que pueden optar los solicitantes y que estos deberán señalar en su
solicitud, ya que, en caso contrario, esta solicitud será rechazada sin más
trámites:
• Provincia de A Coruña:
– Zona 1: comprende A
Coruña, Betanzos, Carballo, Ferrol y Ortigueira.
– Zona 2: comprende
Santiago de Compostela, Ordes, Arzúa, Negreira, Corcubión, Muros, Noia, Ribeira
y Padrón.
• Provincia de Lugo:
– Zona 1: comprende Lugo,
Viveiro, Vilalba, Mondoñedo y A Fonsagrada.
– Zona 2: comprende Lugo,
Chantada, Sarria, Becerreá y Monforte de Lemos.
• Provincia de Ourense:
– Zona 1: comprende
Ourense, O Carballiño, Ribadavia, Celanova y Bande.
– Zona 2: comprende
Ourense, Xinzo de Limia, Verín, A Pobra de Trives y O Barco de Valdeorras.
• Provincia de Pontevedra:
– Zona 1: comprende
Pontevedra, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Cambados, Marín, A Estrada y
Lalín.
– Zona 2: comprende Vigo,
Cangas, Redondela, Ponteareas, Tui y O Porriño.
RESERVA DISCAPACIDADE:
-En cada bolsa reservarase o
7 % dos postos para persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou
superior ao 33 %.
-Ademais, o persoal aspirante
que se presente pola cota de reserva de persoas con discapacidade deberá, na
data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, ter recoñecida a
condición legal de discapacidade cun grao igual ou superior ao 33 %, (só
no caso de que a discapacidade fose recoñecida por outra Administración
distinta da propia da Comunidade Autónoma de Galicia). Así como acreditar a compatibilidade para o desempeño das funcións
correspondentes ao corpo a que se presenten, mediante certificado ou informe
expedido para o efecto polo equipo de valoración e orientación correspondiente
ou órgano competente.