jueves, 20 de enero de 2022

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE PARA A COMISIÓN DE SERVIZO

Publicouse onte a convocatoria a provisión en comisión de servizo, de postos de traballo en órganos de nova creación. Para a presentación da solicitude, hai que cubrir o anexo II que vén na propia resolución.

Feito iso, éntrase na sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.gal onde se atopa o modelo de solicitude xenérica co código PR004A, unha vez cuberto, insértase o Anexo II, e envíase.

Importante: ao tratarse dunha comisión de servizo, a solicitude irá acompañada dun informe,  preceptivo e non vinculante, da persoal responsable do órgano, no que se atope destinado o persoal solicitante. En caso de non emitilo, entenderase positivo sempre que acredite que o solicitou Ademais,

No caso de que o solicitante radique fose da CC.AA de Galicia. Deberase presentar xunto coa solicitude, o informe favorable  do Ministerio de Xustiza ou o órgano competente da CC AA. De non ser posible, débese acreditar que se solicitou.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras