Retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia:
1. De acordo co disposto no artigo 24 da Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, os/as funcionarios/as dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que desempeñen as súas funcións no ámbito competencial da Comunidade Autónoma de Galicia percibirán as retribucións previstas na Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022, incrementandose un 2% respecto das contías percibidas en 2021.
2. No anexo XVII recóllense as contías das retribucións establecidas na Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022, así como as contías dos complementos recoñecidos en virtude de normativa específica cun incremento do 2%
3. Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2022, os/as funcionarios/as ao servizo da Administración de xustiza que teña recoñecido o grao I do complemento adicional da carreira profesional previsto no Acordo do Consello da Xunta do 25 de xuño de 2020 percibirán os seguintes importes mensuais:
Este
complemento percibírase en 12 mensualidades. 4. Os importes das retribucións do
persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza que non figuren
incluídos no anexo XVII, pero que estean recoñecidos expresamente na normativa
aplicable, experimentarán con efectos do 1 de xaneiro de 2022 un incremento do
2 % respecto das vixentes en 31 de decembro de 2021.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras