No cadro que vos deixamos actualizamos as cantidades que por tódolos conceptos cobramos o persoal funcionario da Administracion de Xustiza de Galicia no ano 2022. Nel reflexamos a subida do último tramo do grao I da traxectoria profesional, para os funcionarios/as dos corpos de Médicos Forenses e Xestión Procesual e Administrativa, ademais do aumento do 2 % correspondente nas cantidades xa percibidas por este concepto para os corpos de Tramitación Procesual e Auxilio Xudicial.
Tamén
se recolle a subida do 2% que aprobou o Goberno do Estado respecto das
contías percibidas no 2021, e que se reflexará na nómina de XANEIRO, esa subida
afecta a tódolas partidas retributivas, incluido o CAT.
Premer na seguinte ligazón para descargar o cadro retributivo en pdf.