Dende STAJ levamos anos intentando
facerlle ver á Dirección Xeral de Xustiza a problemática existente no Xulgado
de Primeira Instancia e Instrucción nº 4 de Betanzos, e solicitando que se
nomease a persoal de reforzo para dito Xulgado; no día de onte se nos comunicou
dende o TSXG que foi aprobado na Comisión Mixta de fai uns días, a solicitude e nomeamento dun funcionario de reforzo
para o referido Xulgado, noticia positiva e que nos anima a seguir loitando e
reivindicando as carencias de medios persoales e as milloras necesarias de cara
a ofrecer un servizo público de calidade alí onde sexa necesario.
Despois de conseguir os
reforzos para Viveiro, Chantada, Negreira, Carballo e agora este, algúns
sindicatos quererán subirse ó carro e decir que é gracias a eles, e outros
dirán que é por sorte.... recordarlles que a sorte é o resultado dun traballo
ben feito.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras