STAJ solicita que se compense aos compañeiros/as que traballan en concellos nos que os festivos locais caen en sábado ou en domingo.
Debemos acometer como rematar coa discriminación que se da cando un ou os dous días festivos locais dunha localidade caen en sábado ou domingo, pois estase obrigando ás persoas con destino neses concellos a traballar ata 15 horas mais ao ano que o resto de persoal.
Eso pasa tódolos anos en menor ou maior medida, este ano no Concello de Carballo onde un dos festivos locais e sábado, o 25 de xuño; temos que pensar que si se manteñen estes días como festivos o ano que ven cadrarían en domingo, e o perxuizo sería moi grave se non se compensa, nos dous anos traballarían 15 horas mais.
Consideramos nestes casos que aos funcionarios que traballen neste concello se lles pode compensar cun día de asuntos propios mais por cada dia festivo local que cadre en sábado ou domingo.
Así. dende STAJ, reinvindicamos esta merma, e exisimos a DXX que lles conceda aos funcionarios dos Xulgados de Carballo un día mais de asuntos propios, co fin de igualarse cos demais compañeiros dos distintos partidos xudiciais de Galicia.
Comunicación municipal dos días festivos