martes, 23 de noviembre de 2021

REXISTRO CIVIL RIBEIRA: STAJ SOLICITA REFORZO URXENTE

Con data 13/11/2021 foi cesada no Rexistro Civil de Ribeira a funcionaria de reforzo do corpo de tramitación procesual e administrativa Dª. María del Carmen Fernández Reboredo, dita funcionaria levaba nomeada desde o 14/11/2018, e foi cesada pola política actual da Dirección Xeral de Xustiza, que actualmente cesa a todos os reforzos o día anterior a cumprir os 3 anos de contrato. Esta situación está a levarse a cabo en todos os partidos xudiciais con reforzos nomeados.

Hai que poñer de manifesto que esta praza de reforzo do Rexistro Civil de Ribeira xa foi ocupada por outro interino de reforzo anteriormente, é dicir, leva máis de 11 anos ocupada por persoal interino de reforzo.

O Rexistro Civil de Ribeira depende do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº1 da devandita localidade. O persoal do xulgado nº1 está composta por 2 xestores, 4 tramitadores e 2 auxilios. Dentro destes 4 tramitadores atópase a persoa encargada en exclusividade do Rexistro Civil, D. José Antonio Briones Blanco. É inasumible que unha soa persoa poida facer fronte ao traballo do Rexistro Civil dun partido xudicial como Ribeira, cuxa poboación a data do 2020 segundo o INE ascende a 26.848 habitantes (máis do dobre de partidos xudiciais como Ordes, Padrón ou Noia).

Este reforzo de tramitación do Rexistro Civil é unha necesidade estrutural, non só é necesario durante un momento ou período de tempo determinado, vai necesitar ao longo do tempo.

Por todo o exposto, o sindicato Staj solicita que de forma urxente sexa nomeado novamente o reforzo do corpo de tramitación procesual e administrativa do Rexistro Civil de Ribeira, xa que se trata dunha necesidade estrutural e non conxuntural, e que así mesmo sexa consolidade como praza e ofértese a persoal titular no seguinte concurso de traslados por levar máis de 11 anos sendo necesaria.

Ver solicitude

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras