miércoles, 20 de octubre de 2021

STAJ solicita que se acondicionen os arquivos dos xulgados do Contencioso- Administrativo e dos xulgados do Social de Pontevedra.

Hai uns días STAJ voltou a solicitar que se acondicionen os arquivos  dos xulgados do Social e do Contencioso de Pontevedra, xa que non teñen máis que o espazo valeiro, sen estanterías nin armarios e non permite arquivar ningún expediente, o que está a xerar que, en algúns órganos xudiciais, os asuntos se teñan que acumular no chan no espazo habilitado como arquivo vivo e incluso no chan das dependencias da propias oficinas xudiciais, a non ter espazo nin estanterías suficientes para depositalos.

Xa no mes de xuño, a requerimento deste sindicato, a Xunta indicounos  que despois do verán se licitaría a obra e o acondicionamento dos arquivos e que levarían armarios rodantes, de momento non se fixo nada. Desta última vez contestounos o seguinte:

En relación ó arquivo do Edificio Xudicial de A Parda novo, proximamente se subministrarán e instalarán, no espazo destinado a arquivo do edificio, módulos de estanterías para cada un dos Xulgados deste edificio, de modo provisional, ata a adxudicación do contrato destinado á instalación dos arquivos rodantes.

Esperamos que sexa certo e en breve se poñan a colocar estanterías para cada un dos xulgados afectados.

STAJ solicitou tamén unha mesa e unha cadeira para cada un dos espazos reservados nos arquivos a cada  xulgado, para que os traballadores/as poidan desenrolar o seu traballo comodamente ao manipular os arquivadores e os  expedientes.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras