O
Xulgado de Instrución nº 2 de Ferrol é o xulgado con competencias en violencia
sobre a muller dos tres existentes nesta localidade. O persoal
deste xulgado está formada por 2 xestoras, 4 tramitadores e un auxilio
xudicial. A día de hoxe atópanse de incapacidade temporal un xestor e tres
tramitadores. Estas baixas laborais foron cubertas por persoal interino, non
saíndo en substitución entre titulares aínda que foron baixas consideradas de
longa duración.
A localidade de Ferrol está
soamente dotada de tres xulgados de Instrución, os cales realizan gardas
semanais, e cuxo persoal está totalmente desbordado dado o gran volumen de
asuntos que se xeran nas gardas de permanencia á parte dos propios que entran
pola repartición correspondente. O Xulgado de Instrución nº 2 con competencias
en violencia sofre especialmente de maior número de asuntos e de maior atraso
pola peculiaridade na súa especialidade deste tipo de procedementos xudiciais.
Ademais dáse a circunstancia
que uno dos interinos aprobou a praza de tramitación procesual e administrativa
debendo cesar o día 29 deste mes cando se produza a publicación en BOE para a
súa toma de posesión. Por este motivo, e ante a previsión de que a incapacidade
temporal da persoa titular desta praza é de longa duración, solicítase por
parte do STAJ que se oferte urxentemente a praza de tramitación mediante o
sistema de substitución entre titulares.
Por
todo isto SOLICITAMOS que se nomee con carácter urxente en substitución entre
titulares un/unha funcionario/a do corpo de tramitación procesual e
administrativa para o Xulgado de Instrución nº 2 de Ferrol.