Publicouse
no DOG RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2021 pola que se convoca o curso
monográfico A innovación social no sector público.
Este curso ten como obxectivo principal familiarizar o alumnado cos conceptos e procesos básicos da innovación social, con especial atención á súa relevancia, aplicación e particularidades no sector público.
Persoas
destinatarias:
Persoal
empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da
Administración autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus entes
públicos instrumentais; da Administración local; da Administración de xustiza e
das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encadren nalgunha
das seguintes categorías:
a)
Grupo
A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario. A2 ( Gestor Procesal y Administrativo)
b)
No
caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten
poderán ser cubertas por persoal empregado público pertencente a outras
categorías.
Modalidade: teleformación.
Datas: do 2 ao 25 de novembro de 2021.
Horas
lectivas: 20.
Quinta. Número de prazas
50 prazas.
O prazo para a inscrición estará
aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución
no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 25 de outubro de 2021.
A
inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse vía telemática
accedendo á dirección https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes
entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de
matriculación.
Ao final desta actividade emitirase un
certificado electrónico de aproveitamento, descargable desde a área de
matrícula (https://egap.xunta.gal/matricula/), a aquelas persoas que teñan
realizadas, nos prazos indicados, e superadas, de acordo coa avaliación da
titoría do curso, todas as actividades propostas no curso. Este documento
estará asinado electronicamente pola EGAP e incluirá, de forma expresa, o
contido, a carga lectiva, as datas e a modalidade de desenvolvemento do curso,
así como un código de verificación electrónica (CVE) para contrastar a súa
autenticidade