No DOG de hoxe publícase a convocatoria do concurso de traslados para solicitar as prazas situadas en Galicia que figuran no Anexo I da devandita Resolución no prazo comprendido entre os días 14 e 27 de outubro de 2021, ambos incluídos
Todas as solicitudes se confeccionarán de forma telemática a través do asistente de inscrición.
Todos os funcionarios que participen no presente concurso de traslados entre funcionarios dos corpos de xestión, tramitación e auxilio polo ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia deberán cubrir a solicitude por medios telemáticos entrando na web do Ministerio de Xustiza, no seguinte enderezo: www.mjusticia.gob.es/CIUDADANÍA/Empleo Público/Concursos de traslados/CONCURSO DE TRASLADOS ORDINARIO GESTIÓN, TRAMITACIÓN Y AUXILIO 2021
Unha vez que entren na devandita páxina, premerán na ligazón que aparece nela co nome «G.T.A. Concurso de traslados», entrarán no asistente de inscrición e o sistema guiaraos na confección da solicitude seguindo as instrucións que se lles irán indicando. Deben consultar o Manual do asistente de inscrición web publicado na dita páxina e, se teñen algunha dúbida, poden chamar ao teléfono de atención ao usuario 913 90 46 05.
Os concursantes, previamente á entrada no asistente de inscrición, deberanse identificar electronicamente por algún dos sistemas que ofrece a plataforma Cl@ve:
– DNI electrónico.
– Certificado dixital.
– Cl@ve PIN 24 h.
– Cl@ve permanente.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras