En visitas recentes aos xulgados de paz da provincia da Coruña, son numerosas as estancias que carecen do máis mínimo mobiliario e material informático.
Desde utilizar medios propios para recoller os andeis para a colocación de libros e arquivo, tendo en conta que, a propia Xunta negouse a transportalos desde os Xulgados da Rua Monforte na Coruña, ao Xulgado de Paz de Culleredo, ata a obrigatoriedade de ter que levar unha cadeira para traballar das súas propias casas.
É de resaltar o Xulgado de Paz de Muxía, no que os equipos informáticos deixan moito que desexar. A todas as queixas e solicitudes presentadas polas funcionarias do xulgado, déuselles o mesmo tramite: facer caso omiso ás mesmas.Desde STAJ denunciamos e requirimos á DXX, e mais concretamente, ao Departamento de Medios Materiais, para que o máis axiña posible proceda á substitución deses equipos arcaicos, por equipos informáticos actualizados, como así se fixo en tódolos xulgados de cidade, e de cabeceiras de partidos xudiciais. Esta situación roza a discriminación e a desigualdade con estes órganos que realizan unha labor idéntica aos xulgados anteriormente citados.