Confirmouse, tras o Consello da Xunta, que os menores de 20 (aqueles comprendidos entre 16 e 19 anos) poderán autocitarse para a vacina. Este mércores puideron facelo 6.000 en toda Galicia e hoxe poderán facelo outros 11.000. Aínda que os de antonte foron citados para a próxima semana, os que se anoten hoxe serán vacinados na primeira semana de agosto.
Cara
a última hora da tarde deste mércores a plataforma do Sergas permitiu durante
uns minutos que aqueles nados entre o 2002 e 2005 puidesen pedir cita para
vacinarse a próxima semana. En concreto, o Sergas deu durante varios minutos a
posibilidade de pedir cita para dous días, 27 e 29 de xullo, en horario de
mañá.
Non
podemos asegurar que todos aqueles nados do 2002 ao 2005 teñan a posibilidade
de acceder a estas 11000 novas vacinas. Para todos aqueles que queirades
tentalo, facilitámosvos esta forma rápida e segura.
1. Acceder á páxina do SERGAS (sergas.es).
2. Clicamos en Cita Atención Primaria,
atópase debaixo da barra do buscador.
3. Neste momento pediranos que nos
identifiquemos para poder continuar, no caso de non ter tarxeta sanitaria do
SERGAS, podemos facelo usando o numero do DNI ou o pasaporte, o apelido e a data de nacemento.
4. Entramos en Campañas Promoción dá Saúde ( Solicitude cita vacina
COVID).
5. Clicamos en AUTOCITACIÓN
VACINA COVID19.
6. Unha vez dentro, seleccionamos un día
no calendario e logo a hora.
7. Aceptamos e gardamos.
(A esta hora aínda non deixa pedir a cita e non se sabe a qué hora vai estar operativa no día de hoxe)