Publicado na intranet o plan de vacacións para o ano 2021, deixamos un resumen do mais importante e o o fondo enlace ao texto íntegro:
- Duración: vinte e dous días hábiles, ou dos días que corresponda proporcionalmente se o tempo de servizo durante o ano fose menor.
No suposto de completar os anos de antigüidade na Administración que a continuación se indican, terá dereito ao gozo dos seguintes días de vacacións anuais:
– Quince anos de servizo: vinte e tres días hábiles.
– Vinte anos de servizo: vinte e catro días hábiles.
– Vinte e cinco anos de servizo: vinte e cinco días hábiles.
– Trinta ou máis anos de servizo: vinte e seis días hábiles.
Os ditos días poderán gozarse dende o día seguinte ao de cumprimento dos correspondentes anos de servizo.
- Duas tempadas:
TEMPADA “A”:
Do 01/07/2021 ata o 30/09/2021.
Semana Santa: do 29/03/2021 ata o 04/04/2021.
Nadal: do 20/12/2021 ata o 09/01/2022.
TEMPADA “B”:
Do 11/01/2021 ata o 28/03/2021.
Do 05/04/2021 ata o 30/06/2021.
Do 01/10/2021 ata o 19/12/2021.
Do 10/01/2021 ata o 31/01/2022.
- Solicitude e presentación:
Tramitaranse obrigatoriamente a través da oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX) e asinaranse electrónicamente, pasando a estar dispoñibles na bandexa do superior xerárquico para o seu informe e validación. Excepcionalmente, no caso de que por razóns de índole técnica non se obtivera o visado electrónico do superior xerárquico, poderánse remitir aos seguintes correos electrónicos no prazo máximo de cinco días hábiles dende o rexistro e sinatura electrónica por parte do interesado:
A Coruña.- servizo.xustiza.coruna@xunta.gal
Lugo.- persoal.presidencia.lugo@xunta.es
Ourense.- sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal
Pontevedra (Vigo).- servizoxustiza.vi@xunta.es
- Plazo de presentación:
- Para vacacións durante a tempada “A”:
As vacacións de verán solicitaranse ata o 20 de xuño, as de Nadal ata o 15 de decembro.
- Para vacacións durante a tempada “B”:
Ata o día 15 do mes anterior ao do gozo das vacacións.
- PORCENTAXES DE PERMANENCIA DE FUNCIONARIOS NA UNIDADE SEGUNDO OS TIPOS DE CENTRO DE TRABALLO:
Durante a tempada A deberá permanecer na unidade ou servizo, como mínimo, o 50% do cadro de persoal. No mes de agosto a porcentaxe de permanencia mínima será do 33%, agás nos rexistros civís exclusivos da Coruña e de Vigo, onde a permanencia mínima durante o mes de agosto será do 50%. Durante a tempada B deberán permanecer como mínimo os seguintes efectivos, segundo o tipo de centro:
9.1. Tribunais (Tribunal Superior de Xustiza, audiencias provinciais): 60% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.2. Xulgados mixtos: 75% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.3. Xulgado de instrución: 60% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.4. Xulgados de primeira instancia, do mercantil e do social: 80% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.5. Xulgados do penal, de violencia sobre a muller, de menores e de vixilancia penitenciaria: 75% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.6. Rexistros civís exclusivos da Coruña e de Vigo: o 60% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.7. Xulgados de paz: 60% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
9.8. Fiscalías: 70% do cadro de persoal da unidade da oficina fiscal respectiva.
9.9. Servizos comúns, decanatos e outras oficinas e servizos: 70% do cadro de persoal da unidade da oficina xudicial respectiva.
Pode consultar o programa na seguinte ligazón
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras