jueves, 27 de mayo de 2021

Convocatoria Acción Social 2021

Hoxe pubícase no DOG a Resolución  do 10 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade da convocatoria e dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2021 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito persoal e beneficiarios:

Poderán solicitar as axudas os funcionarios de carreira e interinos dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e mais auxilio xudicial en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de fillos e ter destino nesta comunidade autónoma, así como reunir os restantes requisitos esixidos polo presente programa de atención de persoas discapacitadas do Fondo de Acción Social.

Tamén poden solicitar a axuda:

a) Aquelas persoas que prestaran servizos como funcionarios interinos da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 30.7.2020) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.

b) Os funcionarios de carreira da Administración de xustiza que durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (30.7.2020) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria prestaran servizos nesta comunidade autónoma e se xubilaran durante o dito período.

Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Solicitude e formas de presentación:

As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web opax.xunta.es.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras