Os membros da carreira xudicial solicitaron melloras nos medios tecnolóxicos e a realización de pequenas obras no edificio para ampliar a súa capacidade.
Díaz-Castroverde
lembrou que a Sala de Goberno solicitou a creación dun novo xulgado do social
na localidade.
O presidente do Tribunal
Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde,
reuniuse onte en Ferrol cos xuíces/zas da localidade, quen lle trasladou os
seus principais problemáticas, entre as que figuran a falta de capacidade do
edificio, polo que expuxeron a posibilidade de facer pequenas reformas na
terceira planta para acondicionar esa zona e gañar espazo. Aínda así, o inmoble
quedaría pequeno para albergar novas unidades xudiciais. Ademais, durante o
encontro, trasladaron ao presidente que é fundamental mellorar o sistema de
xuízos telemáticos, dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de
Galicia (Amtega), pois os fallos tecnolóxicos son recorrentes.