miércoles, 14 de abril de 2021

Intervención de STAJ no Comité de Seguridade e Saúde Laboral.

Como vos informamos o luns, finalmente a DXX convocounos, tras numerosas peticións realizadas polo  STAJ (21-01-21/08-02-21/12-04-21), para a celebración do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, mañá xoves 15 de abril ás 10:30 horas, e entre outras cousas:

-STAJ insistirá na necesidade de ventilación en todos os edificios xudiciais e na máxima garantía na substitución e regulación dos filtros de aire acondicionado nos denominados edificios “intelixentes” que non dispoñen de ventilación natural, (ex. Coruña, Ourense, Santiago, Pontevedra e en xeral de todos aqueles que dispoñen de aire acondicionado susceptible de utilización).  Neste sentido tamén solicitamos medidores de aire CO2 para asegurar a súa calidade naqueles edificios intelixentes (Ourense, A Coruña, Pontevedra, etc). SOLICITARASE EXPRESAMENTE ao Presidente do Comité, que informe DOCUMENTALMENTE sobre o cambio e/ou mantemento dos filtros.

Nos edificios con ventilación natural debe garantirse a ventilación integral pola tarde, fora do horario de traballo, debendo encargarse unha persoa dese cometido en tódalas sede xudciciais de Galicia. 

-Solicitaremos unha vez máis (STAJ 12-04-21), esta vez no seo do Comité a dotación de mascarillas FFP2 para todo o persoal: 

Destinado nas Vilas,  que saen a notificar: deben aproximarse ás persoas que están nos seus domicilios e que saen moitas veces sen ningunha protección, polo que resulta insuficiente a máscara quirúrxica para evitar o contaxio. 

O persoal dos Xulgados de Paz.

Rexistros Civís e Persoal de atención  a vítima e ao cidadán: que están expostos de xeito continuado á presencia de persoas que, se ben é obrigatorio que leven máscaras de protección, moitas veces lévana mal posta, sucia e inservible, ou de tela (que están prohibidas nos propios centros sanitarios galegos para acceder a eles) polo que o resultado é igual que se non a levaran, co conseguinte risco que iso implica.

Decanatos e oficinas de rexistro e reparto.

Imelgas: a atención ao público nestas oficinas é continuada e todo o persoal debe levar a súa mascarilla FFP2, non só o persoal de medicina forense, que de forma axeitada xa dispón delas, senón que se faga extensivo o seu uso ao persoal funcionario que presta servizos nas oficinas do IMELGA. 

Persoal de auxilio que faga sala ou se movan por todos os edificios.

- Así como, para as persoas vulnerables por ter patoloxías que poden agravar a contracción da enfermidade da COVID: Estas persoas xa teñen recoñecida a súa vulnerabilidade nos informes emitidos polo servizo de prevención de riscos, nos que a súa protección debe ser mais alta (incluso está reflectida en varios informes emitidos por este servizo) e, polo tanto, tamén se debe dotar de máscaras FFP2.

- Pediremos que a  cita previa para acudir as oficinas xudiciais, debe  funcionar como o fai nos Regitros Civís a día de hoxe, e debe de poñerse en marcha en tódolas localidades e xulgados de Galicia, ben mediante unha aplicación informática, vía telefónica ou correo electrónico, temos que empeazar a rematar coa deambulación innecesaria de persoas polos oficinas xudiciais, como se fai noutras adminsitracións da Xunta e do Estado dende fai moito tempo.

-Así mesmo STAJ emprazará ao director xeral de xustiza, como presidente do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, para que emita as recomendacións oportunas aos xulgados decanos para que non se relaxe a entrada nos xulgados por parte dos corpos de seguridade, sen a oportuna cita previa. 

-CRIBADOS e VACINACIÓN ao persoal de Xustiza: STAJ solicitou varias veces e de  urxencia a colaboración da DXX (STAJ 14-01-21) e insta´ra mañán ao presidente do Comité de Seguridade e Saúde Laboral que se interceda ante a Conselleiro de  Sanidade (STAJ 24-03-21) para que os/as funcionario/as de xustiza dependentes de MUGEJU sexan incluídos por parte do Sergas como grupo prioritario de vacinación, dado que os datos dos mutualistas xa foron actualizados por esta entidade, e non están a ser convocados, ao mesmo ritmo ca os afiliados a Seguridade Social dentro do calendario de vacinación establecido polo Sergas, nin nos cribados poboacionais acordados en moitas localidades (STAJ 19-01-21/24-02-21/01-03-21), sendo totalmente discriminados por pertencer a Mugeju.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras