viernes, 16 de abril de 2021

EGAP. As responsabilidades do persoal empregado público.

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2021 pola que se convoca o webinario As responsabilidades do persoal empregado público.

Convocase, no marco do Ciclo de conferencias sobre Presente e futuro do emprego público na Administración post COVID, o webinario As responsabilidades do persoal empregado público.

Este seminario web ten como obxectivo ofrecer unha visión integral e interrelacionada das responsabilidades administrativas, penais, disciplinarias e contables para a súa mellor comprensión por parte do persoal empregado público.

Data: xoves, 22 de abril de 2021.

Modo de impartición: telepresenza.

Horario: das 9.00 ás 11.00 horas.

Duración: 2 horas lectivas

As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible na dirección <https://egap.xunta.gal/matricula>. 

As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área na que está integrada esta actividade (Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas) e despois seleccionar o nome do curso: Webinario As responsabilidades do persoal empregado público.

 O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8:00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 20 de abril de 2021.

Ver resolución en DOG

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras