martes, 20 de abril de 2021

EGAP: xornadas de formación de práctica dixital (e-martes)

No DOG de hoxe publícase a convocatoria das xornadas de práctica dixital e-martes que terán lugar os vindeiros martes, 4 e 18 de maio de 2021 cos seguintes contidos

• Notificacións electrónicas. Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal

• Identificación dixital (certificados dixitais e Chave).

• Sede electrónica.

O número de prazas convocadas é de 16 para o persoal empregado público e 13 para a cidadanía.

As xornadas son presenciais e impartiranse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela en horario de mañá e tarde e cunha duración de 6 horas lectivas cada xornada. 

A matrícula realizarase na Area de matrícula da EGAP nos seguintes prazos: 

 Para a XVI xornada E-martes que se desenvolverá o día 4 de maio: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 26 de abril de 2021.

• Para a XVII xornada E-martes que se desenvolverá o día 18 de maio: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 10 de maio de 2021.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras