martes, 20 de abril de 2021

APROBACIÓN DA UBICACIÓN DO IMELGA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Na la voz de galicia de hoxe publícase que O Concello de Santiago de Compostela aprobou onte, en Xunta de Goberno, a cesión dunha parcela na que se vai a construir o IMELGA, trátase dunha parcela municipal de 1.990 metros cadrados, que está situada entre as rúas Londres, Riga e Vieiro.

O motivo de está situación é que o Imelga estivera o máis preto  posible dos xulgados.

Na nova sede do Instituto de Medicina Legal albergará a dirección do IMELGA e a Subdirección Territorial de Santiago de Compostela, contará con oficinas, consultas, espazo para arquivos e para o acceso dos furgóns mortuorios ou cámaras frigoríficas mortuorias, entre outras dependencias. A máis, disporá de varias salas de autopsias con un elevado nivel de seguridade.

O Imelga tal e como está distribuido hoxe componse de sete subdireccións en sete cidades galegas e o seu persoal está composto por médicos forenses, psicólogos, traballadores sociais, funcionarios da administración de xustiza e auxiliares de autopsia. 

 
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras