Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta
resolución o persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de
interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación
procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza,
dependente da Comunidade Autónoma de Galicia, que se atope en situación de
servizo activo (incluído permiso por maternidade/paternidade, adopción ou
excedencia polo coidado dun/ha fillo/a ou dun/ha familiar) e que reúna os
requisitos establecidos nesta convocatoria.
Solicitudes e prazos
1. O
prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte
ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só
poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no
enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data
de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55. horas da data
de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se
complete correctamente o proceso de matriculación.
3. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o
prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.
Estes son os cursos dirixidos ao persoal da Admnistración de Xustiza: