jueves, 4 de febrero de 2021

Próxima publicación de prazas en comisión de servizo de nova creación

A Dirección Xeral de Xustiza vennos de comunicar no día de hoxe que durante esta semana, está prevista a publicación na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal), e no sitio web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo  (https://cpapx.xunta.gal/comisions-de-servizo), a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocará a provisión en comisión de servizo, de forma temporal e por petición da persoa interesada, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, para os Xulgados do social Num. 7 da Coruña, Num. 7 de Vigo e Num. 4 de Lugo.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras