O Ministerio acábanos de comunicar que os ficheiros coa adxudicación definitiva remitiranse o máis pronto posible durante a semana que vén.
Así mesmo, indican que a Data de publicación no BOE prevista: será o 18 ou 19 de febreiro do 2021
O cesamento deberá efectuarse nas datas que a continuación se indican:
Tramitación Procesual e Administrativa: o luns, 22 de febreiro de 2021
Xestión Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial, o venres, 26 de febreiro de 2021.
Achegámosvos a copia da Orde definitiva do concurso de traslados ordinario entre funcionarios dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza, anunciado con data 28-7-2020 (BOE 1-9-2020)
Introduciuse un segundo parágrafo novo no punto Quinto,
“Aqueles funcionarios que se atopen desempeñando unha comisión de servizos, non será necesario que se despracen ao órgano xudicial de orixe que teñan reservado para formalizar o cesamento, podendo realizalo no órgano no que estean a prestar a comisión, para iso as Xerencias farán chegar os documentos ao órgano no que o concursante se atope desempeñando a comisión”.
e engadiuse un punto Noveno.
Noveno.- Debido á situación de pandemia que estamos a vivir actualmente, nos casos debidamente xustificados que non atopasen aloxamento na localidade de destino, a aqueles funcionarios que lles sexa imposible tomar posesión nos prazos sinalados, amplíaselles o prazo de cesamento e de toma de posesión durante o tempo imprescindible que sexa necesario para liquidar o concreto caso no que se atope a persoa afectada.
Para iso, comunicarán dita circunstancia á Xerencia Territorial ou ao órgano competente da Comunidade Autónoma correspondente, achegando a documentación acreditativa da imposibilidade de asistir a tomar posesión no destino adxudicado. Unha vez que finalice a causa da devandita imposibilidade, deberán comunicalo tamén á Xerencia ou Comunidade Autónoma, cesando ao día seguinte da devandita notificación, contando entón os prazos posesorios establecidos nos puntos Sexto e Sétimo.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras