viernes, 12 de febrero de 2021

A Xunta prioriza a posta en marcha dos novos xulgados sobre as gardas de 24 horas en Vigo e A Coruña

A Dirección Xeral de Xustiza remitiu ao Consello Xeral do Poder Xudicial un informe relativo ao cambio de réxime de garda ordinaria semanal polo sistema de garda de 24 horas.

 Tendo en conta que a emerxencia sanitaria provocou unha reorientación dos recursos cara á creación de novos órganos xudiciais e cara o desenvolvemento do plan de actuación aprobado polo Consello de Ministros o 7 de xullo do 2020, decidiuse priorizar a posta en marcha dos novos xulgados sobre a garda de 24 horas en Vigo e A Coruña

 O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, considera que non é posible dispor nestes momentos dos recursos necesarios para o cambio no sistema de gardas, sen prexuízo de que poida reconsiderarse a decisión no futuro.

Unha vez mais, atrásase a entrada en funcionamento do sistema de garda de 24  horas na cidade da Coruña e Vigo. Sempre existe un motivo, hai anos foi a falta do informe favorable do  CGPJ, agora a emerxencia sanitaria. Veremos nos próximos anos cal será o motivo.

Ver noticia


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras